17:14 h. viernes, 19 de abril de 2024

NOVA SECCIÓN NO BLOGUE NA QUE PARTILLAREI CONTIDOS QUE COIDE INTERESANTES ARREDOR DA DIVULGACIóN CIENTíFICA.

Balance científico de 2013 e perspectivas para o aninovo

Xabier P. Igrexas  |  02 de enero de 2014 (01:00 h.)
galaxia_640x220_scaled_cropp

 
 

 

"A maneira como se presentan as cousas non é maneira como son; e se as cousas fosen como se presentan a ciencia enteira sobraría" 

Karl Marx

Co 2014 o blogue estrea nova sección no faiado. En "Ciencia en pílulas", sen periodicidade determinada, partillarei contidos que coide de interese arredor da divulgación científica, nas súas múltples facetas.

Serán pequenos comprimidos cun feixe de ligazóns a algunhas das publicacións e blogues sobre ciencia que leo desde há tempo. Non haberá sisudos traballos académicos, inaccesíbeis para a meirande parte do público -a principiar por min propio-, senón pezas que sen renunciar ao indispensábel rigor tornen realidade o afán didáctico que Einstein aseverara ao afirmar que "a maioría das ideas fundamentais da ciencia son esencialmente sinxelas e, por regra xeral poden ser expresadas nunha linguaxe comprensíbel para todos".

Pílulas de ciencia face a sobreabundancia de novas formas de superstición. Evidencias como principio activo do antídoto fronte tanto magufo.

Eis os cinco primeiros comprimidos, desta volta centrados no balance de 2013 e nos avances científicos previstos para o ano que enceta:

 


Boletín electrónicoRecebe as actualizacións do blogue no teu correo-e:

 

 
Últimos álbumes
Hemeroteca