12:14 h. miércoles, 24 de abril de 2024

As forzas "rebeldes" na Siria. Dous vídeo-retrato

Xabier P. Igrexas  |  26 de agosto de 2013 (16:44 h.)
Rebeldes Siria

[Entrada con varias actualizacións]

Copiado e pegado

 

Quen son na realidade os presentados oficialmente como "rebeldes" e "liberadores" da Siria? Máis unha vez, repítese o mesmo guión que no Iraque ou na Libia. A seguir partillo dous vídeos que serven para retratar a estas "forzas" que as potencias occidentais patrocinan e ás que queren axudar a través dunha nova intervención imperialista. As imaxes son moi duras.

No primeiro, recóllese o momento no que unha banda salafista efectúa un "control" nunha estrada na Siria. Paran tres camións. Fan descender os seus condutores. Faiselles unha pregunta a que parecen non saber responder. A seguir son fusilados na cuneta. Polas costas. Finalmente os seus corpos serán pendurados.

Neste,o mesmo grupo "rebelde" fachendea da súa obscena vulneración da Convención de Xenebra, difundindo as masivas execucións de prisioneiros (maioritariamente soldados do Exército Sirio pero tamén civís) que son a todas luces crimes de guerra.

Para alén de existiren indicios moi fundados que apuntarían ao emprego de armas químicas por parte dos denominados grupos rebeldes, e non polo goberno sirio como están a difundir os mass media occidentais, incorrendo máis unha vez en propaganda de guerra para lexitimar unha intervención imperialista. 

 


 

Actualización: 26/08/2013 ás 19:20h

Como se pode comprobar os vídeos que inserín antes foron eliminados do Youtube. Porén, acho que as notas descritivas cos que os presentaba serven para entender o alcance do seu contido.

Aliás, engado un terceiro vídeo (vía @alvarogzlb) no que outro grupo islamista vencellado a Al qaeda fusila a dúas crianzas. As imaxes son terríbelmente duras.

 

Actualización: 27/08/2013 ás 2:06h

Vía Facebook recuperei o primeiro dos vídeos inicialmente publicados.

 


Boletín electrónicoRecebe as actualizacións do blogue no teu correo-e:

 
Últimos álbumes
Hemeroteca