02:14 h. viernes, 29 de marzo de 2024

SOBRE A PARTICIPACIÓN DO SOBERANISMO NAS CONVOCATORIAS CONTRA A MONARQUÍA

Entre o noso povo non xogamos nunca en campo alleo

Xabier P. Igrexas  |  18 de junio de 2014 (19:29 h.)
repgalega

Nun m1nuto


Non renunciar a incidir nas masas galegas que arelan (de maneira intuitiva ou pouco definida) un cambio de réxime, facendo presente -coa máxima pedagoxía- a nosa alternativa para un cambio de verdade (República Galega) rumo a plena liberación nacional e social do povo traballador galego, non é xogarmos en campo alleo. En absoluto. 

Se incomoda partillar espazo público con que enarbora a tricolor, a trampa de verdade sería deixarlle a esa enseña (coa que algunhas non nos sentimos representadas, pero coa que outros compatriotas -por variadas razóns- simpatizan) o monopolio simbólico do descontento social. Eis precisamente a evidencia do noso feito diferencial: que nas prazas e nas rúas o reclamo dun proceso constituínte non é univocamente español como alén do Padornelo. 

A miña ambición non é confrontar co republicanismo de matriz española (a pesar da miña obvia discordancia), senón gañar apoios convencendo (en voz afirmativa) á causa da República da Galiza

Oxalá o soberanismo fose hexemónico socialmente. Oxalá a conciencia nacional do noso povo estivese, no político, ao nivel de Euskal Herria ou Catalunya. Mais facemos política para este povo, nesta terra e neste tempo.Non caben trampas ao solitario. E comprender a realidade non significa aceptala con resignación.

A miña ambición non é confrontar co republicanismo de matriz española (a pesar da miña obvia discordancia), senón gañar apoios convencendo (en voz afirmativa) á causa da República da Galiza, desde a certeza obxectivábel de que há unha inmensa maioría que malia non rexeitaren a tricolor morada,e mesmo nalgúns casos a portar, non son axentes do españolismo. Mais ao contrario, son povo que gañarmos con argumentos e propostas, mais que con mera consigna. Esa é a tarefa.

Non enfrontar este contexto -aberto tras a abdicación do Rei- desde estes parámetros é tanto como reducir o povo galego a esa fracción (lonxe de ser maioritaria) máis consciente en chave nacional. Ou concibir a política en coordenadas de pura e dura autoafirmación ideoloxista. A referencialidade social non se enuncia, conquístase.

Porque teño plena confianza na forza dos meus argumentos, e no valor da proposta política que defendo, heinos empregar en convencer a quen inda non os subscrebe. En troca de me isolar deles e delas como algúns erradamente suxiren.

 

(*) Pretendín unha reflexión rápida, mais desta volta aceptei pasarme excepcionalmente das 200 palabras fixadas para a sección para non retallar en argumentos. Desculpas.


Boletín electrónicoRecebe as actualizacións do blogue no teu correo-e:

 

 
Últimos álbumes
Hemeroteca