09:01 h. viernes, 29 de marzo de 2024

ESTREO VíDEO-COLUMNA NO DEBATE DE IRMANDADETV

Poñer a economía ao servizo da xente

Xabier P. Igrexas  |  30 de octubre de 2013 (17:19 h.)

Esta é a miña primeira vídeo-columna no Debate de Irmandade TV, que estreei no programa do pasado 29 de outubro. 

Cada mes partillarei un novo apunte desde esta incipiente iniciativa televisiva, que abre unha imprescindíbel fenda nos media galegos, rachando co monopolio do discurso e fornecendo un novo espazo mediático ao servizo do país.

Nesta reflexiono arredor dos efectos da crise sistémica no noso país logo de cinco anos (empobrecemento, desemprego e desmantelamento produtivo) e afirmo a necesidade da intervención pública directa na economía (nacionalizacións) como paso esencial para pular pola produción e a creación de emprego digno.Intervención pública esencial para avantarmos cara a soberanía económica, sen a que non é viábel a soberanía política de Galiza.

Agradezo enormemente a oportunidade de Aurelio Lópes, e a equipa de Irmandade TV, para colaborar co seu proxecto (que moitas sentímos tamén como propio) e anímovos a comentar o que sosteño na columna. Que pensades?

 

  • Podedes ver o programa completo do Debate(cunha imperdíbel entrevista a Francisco Rodríguez) aquí.

 

Últimos álbumes
Hemeroteca