00:27 h. viernes, 26 de abril de 2024

Reivindicar a política por e para nós

Xabier P. Igrexas  |  27 de noviembre de 2013 (15:43 h.)

A miña videocolumna deste mes no Debate de Irmandade TV, realizado o 26/11/2013

O meu comentario mensual no Debate de Irmandade TV, desta volta centreino en reivindicar a política. Fágoo inda recoñecendo que a min, como a inmensa maioiría social, esta política de continuada agresión contra as clases populares, de recortes, de pensionazos, de represión, prodúceme noxo e xenreira. Motivos para desprezar as políticas que se están a impulsar sobran. O PP teima en nos engadir novas razóns logo de cada Consello de Ministros, en cada comparecencia de Rajoy ou Feijóo. Porén, cómpre non caer na trampa de renunciarmos á política, nin de perder de vista as e os responsábeis concretos. Ao contrario, debemos reivindicar a política por e para nós propias, polo pobo e ao servizo do pobo. Sabendo ademais, que non todas as opcións son iguais.

Aliás, debemos evitar tamén outra trampa. A de quen a golpe de enquisas pretende forzarnos a facer política á carta. Sen desprezar --en absoluto-- a socioloxía electoral, quen entendemos a política en chave transformadora non podemos orientar as nosas propostas ao ditado das sondaxes. Porque, como sinalo na conclusión, transformar non é xestionar o que hoxe parece posíbel, senón facer posíbel o que é necesario. E este país, e este pobo, non precisan de reformismode baixa intensidade. É tempo de ruptura, social e nacional.

  • Podedes ver o programa completo do Debate aquí,
 

Boletín electrónicoRecebe as actualizacións do blogue no teu correo-e:

 

Últimos álbumes
Hemeroteca