16:12 h. sábado, 20 de abril de 2024

Mensaxe alternativa á do Borbón

Xabier P. Igrexas  |  24 de diciembre de 2013 (20:00 h.)

Face o discurso do Borbón, propóñovos escoitar estoutra mensaxe, do Partido Comunista Português.

Nunhas poucas horas o esperpento da monarquía española será retransmitido mentras ceamos. As súas palabras ocas, a súa retórica caduca, xa non enganan a ninguén. Porén, a alternativa non pode ser o silencio. Fanse precisas palabras de orde novas, propias. Para seren pronunciadas en acción polo pobo, como suxeito protagónico dos cambios que precisamos, e que máis cedo que tarde conquistaremos. Face o seu cinismo, debemos afirmar a nosa esperanza, o  noso esperanzador compromiso por facer posíbel a utopía necesaria. A confianza en que nas mans do pobo traballador está a posibilidade material de derrotar a quen nos explota, saquea e empobrece.

Nas mans do pobo traballador está a posibilidade material de derrotar a quen nos explota, saquea e empobrece. 

Nunhas horas un Borbón volverá atragoarse cun discurso baleiro que non escrebeu. Fico certo de que non perderedes o tempo en o escoitar, mais pídovos en troca que atendades estoutra mensaxe. A pesar de estar destinada aos irmaos portugueses, acho que o seu contido, por boca do camarada Jerónimo de Sousa, é de plena utilidade para nós aquén-da-raia: alternativa patriótica de esquerdas, afirmando (conquistando) a nosa soberanía para a poñer ao servizo do pobo. 

 

Boletín electrónicoRecebe as actualizacións do blogue no teu correo-e:

 

Últimos álbumes
Hemeroteca