08:16 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Recorte das pensións: argumentos para o contra-ataque

Xabier P. Igrexas  |  08 de noviembre de 2013 (14:02 h.)

Vídeo da miña intervención na Asemblea comarcal de delegadas/os sindicais da CIG de Vigo

Onte tivo lugar en Vigo unha Asemblea comarcal de delegadas/os sindicais da CIG, na que tiven a oportunidade de palestrar a respecto da nova reforma das pensións, canda a compañeira Silvia Bermúdez. Centreime en achegar algúns argumentos para confrontarmos a brutal manipulación coa que o discurso sistémico está a poñer en cuestión o sistema público de pensións, desmontando algunhas das súas principais falsidades.

O acto estivo enmarcado na campaña que a CIG está a desenvolver contra o novo recorte nas pensións públicas que promove o Partido Popular desde o Goberno español, e que terá como actos centrais manifestacións nas comarcas o vindeiro 14 de novembro (horas e lugares aquí).

Recomendo encarecidamente ollar tamén a intervención que Silvia fixo a seguir da miña, xa que nela debulla a trama do capital conta as pensións públicas:  

 


Boletín electrónicoRecebe as actualizacións do blogue no teu correo-e:

 

Últimos álbumes
Hemeroteca