19:08 h. jueves, 18 de abril de 2024

Só fun libre ao decidir pasarme ao galego

Xabier P. Igrexas  |  14 de enero de 2014 (03:51 h.)

O conflito lingüístico na óptica dun neofalante en Vigo.

 

Neste pequeno vídeo recollo os principais fragmentos que dediquei a debullar o conflito lingüístico que existe en Galiza desde a experiencia persoal como neofalante, na miña palestra nas III Xeiras sobre a lingua galega, organizadas polos Comités na Universidade Vigo en febreiro de 2011.

Fronte a falsificación de quen quer empregar a defensa da liberdade como coartada para seguir a golpear a nosa lingua, reivindico que de certo a única decisión que tomei en liberdade foi precisamente a de pasarme ao galego, xa que antes ninguén me preguntara o contrario. Neste senso, fago un chamado a abordarmos o problema fuxindo de discursos autoculpabilizadores e salientando todas as oportunidades que temos como pobo, nomeadamente a mocidade, para tentar reverter esta situación. Oportunidades que pasan por un compromiso persoal, mais tamén necesariamente colectivo, en chave de organización e mobilización, pois as dificultades que enfronta a nosa lingua non se deben en ningún caso á libre vontade dos e das galegas.

A palestra enteira podedes ollala deseguido nestas ligazóns: Parte I e Parte II 


Boletín electrónicoRecebe as actualizacións do blogue no teu correo-e:

 

 
Últimos álbumes
Hemeroteca