06:15 h. viernes, 19 de abril de 2024

A UE é o problema

Xabier P. Igrexas  |  27 de enero de 2014 (14:02 h.)

Vídeos das intervencións íntegras realizadas na xornada da Fundación Galiza Sempre "A Unión Europea non é a solución, e o problema", que tivo lugar en Pontevedra.

 

O pasado sábado tivo lugar en pontevedra unha xornada organizada pola Fundación Galiza Sempre e máis o BNG, baixo o título "A Unión Europea non é a solución é o problema" (crónica aquí e storify aquí). O evento serviu para profundar, grazas as achegas de doce relatores e relatoras, na análise crítica que o nacionalismo galego fixo, desde sempre, do denominado proceso de construción europea. Para alén do máis, a xornada permitiu substanciar esa caracterización con base en datos que reflicten os efectos lesivos que, no concreto, a inserción do Estado español dentro da UE e o euro tiveron e teñen para o noso pobo.

A seguir partillo os vídeos (dispoñibilzados por GZ Vídeos) nos que se recollen integramente todas as intervencións. Malia seren todas moi enriquecedoras, recomendo singularmente as de Bernardo Valdês, Manuel Mera, Bieito Lobeira, Edelmiro Iglesias e Francisco Rodríguez (marcadas cun *). As dúas primeiras por situaren a cuestión no seu contexto (imperialismo) e as tres derradeiras, todas desenvolvidas no panel "A destrución da capacidade produtiva na periferia europea: impacto na Galiza das políticas económicas da UE", por achegaren datos e claves fundamentais para cifrar o que a UE nos supón en termos produtivos, económicos e de emprego.

Aproveito ademais para vos recomendar como lectura complementaria o A FONDO que Sermos Galiza, baixo a miña coordenación, lle dedicou precisamente a este tema, intitulado "A forca europea: o que a UE supón para Galiza", que poderedes descargar en PDF por un prezo simbólico na loxa de Sermos.

 

>>Vídeos:

Apertura a cargo de Guillerme Vázquez, Presidente da Fundación Galiza Sempre

Intervención de Xavier Vence, Portavoz Nacional do BNG

Panel: A UE como modelo de capital globalizado.

​​Panel: A destrución da capacidade produtiva na periferia europea: impacto na Galiza das políticas económicas da UE.

Panel: Vontade popular, soberanía, dereitos e liberdades no seo da UE. A democracia secuestrada.


Panel: A concentración económica e política nas institucións da UE como resposta á crise. A alternativa do BNG.

 


Boletín electrónicoRecebe as actualizacións do blogue no teu correo-e:

 

 

 
Últimos álbumes
Hemeroteca