04:16 h. domingo, 28 de abril de 2024

O autor

Son Xabier Pérez Igrexas. Nacín en Vigo (Galiza) en 1984. Activista político e social. Comunista. Nacionalista galego. Autor do blogue Contradiscurso. Colaborador de opinión en diversos medios

 

>Activismo político e social

Desde o ano 1998 participo en diversas organizacións políticas e sociais.

Movemento veciñal

Durante case dez anos fun parte activa da Asociación Veciñal “Val do Fragoso” do barrio de Balaídos en Vigo, da que fun o seu Vicepresidente. O 14 de novembro de 2007 abandonei a súa Xunta Directiva, inda que continúo a colaborar coa entidade, da que son socio desde 1995.

Desde o 26 de xuño de 2010 até o 1 de febreiro de 2013 fun Secretario e Responsábel das áreas de transporte, servizos municipais e abastecementos da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo "Eduardo Chao" (FAVEC).

Movemento estudantil

En 1999 enceto militancia no movemento estudantil nacionalista dentro dos Comités Abertos de Estudantes (CAE) (organización maioritaria no ensino medio galego hoxe integrada nos Comités), dos que fun Secretario Xeral durante dous períodos.

Na actualidade fago parte dos Comités, como estudante na UNED.

Política

Tamén en 1999 entro a formar parte de Galiza Nova e do Bloque Nacionalista Galego. En Galiza Nova asumín diferentes responsabilidades (Responsábel Nacional de Ensino Medio e membro da Dirección Nacional, integrante da Dirección Comarcal, Vice Responsábel Local, Vice Responsábel Comarcal...). Asemade, fixen parte en diferentes períodos do Consello Local e Comarcal do BNG de Vigo.

Ideoloxicamente defínome como comunista e nacionalista galego e no seo do BNG son militante da Unión do Povo Galego (partido comunista-patriótico).

Na actualidade,  son Responsábel de Comunicación e Iniciativas Políticas na Executiva local  do BNG de Vigo e membro do seu Consello Local do BNG. A nivel comarcal son Responsábel da Comisión de sectores produtivos (Economía, traballo, pesca e medio rural).

Sindicalismo

Sindicalmente milito na Confederación Intersindical Galega (CIG)O 25 de xuño de 2010 fun elixido, na súa V Asemblea Comarcal, membro da Executiva Comarcal  de Vigo e  do Consello Nacional da Federación de Banca, Aforro, Seguros, Oficinas e Telemárketing para o período 2010 - 2014.

Por designación de CIG-Banca formo parte tamén da Dirección Comarcal confederal da Unión Comarcal da CIG de Vigo desde 2010 até a actualidade.

Aliás, son colaborador da Fundación Moncho Reboiras para o estudo e divulgación da realidade social e sindical en Galiza (FESGA), dependente da CIG e da que fun parte da súa equipa técnica de 2008 a 2012.

Outros colectivos e plataformas

Participei en diferentes foros e plataformas políticas e cívicas: Plataforma Antitaurina de Vigo, Foro Galego de Solidariedade coa Revolución Cubana, Plataforma Cidadá Nunca Máis, Mocidade Galega pola Paz, Instituto Galego de Estudos Veciñas ou a Plataforma Cidadá Queremos Galego...

Fago parte d'A Mesa pola Normalización Lingüística, do Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e da Asociación Cultural O Castro (Vigo). Son socio das ONG's Médicos Sen Fronteiras e ACNUR. Son Presidente do Colectivo Cultural "Alén" para a Divulgación do Pensamento Marxista e Nacionalista Galego.

Son membro da iniciativa social Galiza pola Soberanía (GpS), de cuxa constitución participei o 6 de xullo de 2013 e que ten por obxecto avantar cara a un “Estado Galego, anti-patriarcal, social, laico e radicalmente democrático con base nunha república para construírmos, de maneira pacífica e solidaria, unha sociedade xusta, libre e verdadeiramente igualitaria”.

Na actualidade, como representante do BNG participo (desde a súa creación) da Asemblea de Movementos Sociais de Vigo.

Actividade institucional

No período 2003-2004 fun parte do Consello Escolar de Galiza e do Consello da Xuventude de Galiza en representación dos Comités Abertos de Estudantes.

De xuño de 2010 a xaneiro de 2013, como representante titular da FAVEC, fixen parte do Consello Social de Lingua (e da súa Comisión Permanente), da Comisión Cidadá de Normalización Lingüística e do Consello Sectorial de Tranportes do Concello de Vigo. Fun tamén representante suplente da Federación Veciñal de Vigo no Consello Social da Cidade (antigo consello económico e social), no Consello Municipal de Educación e no Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade.

Desde maio de 2013 fun representante titular do BNG no Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade do Concello de Vigo.

Desde maio de 2015 son membro titular do Consello Municipal de Educación do Concello de Vigo, a proposta da CIG.

 

>Medios de comunicación

Xornalismo

Non son licenciado en xornalismo, mais fico vencellado á comunicación desde moi novo. Asumín responsabilidades ligadas a este ámbito e á proxección externa de diversas organizacións. Asemade partillei a miña experiencia e coñecementos en materia de comunicación social e política impartindo, como docente, diferentes cursos e obradoiros para a Fundación Moncho Reboiras.

Fun Director da Revista Dixital de Pensamento Marxista e Nacionalista Galego "Pensar e Axer", desde o seu lanzamento á Rede o 1 de febreiro de 2010 até o seu peche o 26 de novembro dese mesmo ano.

Colaborei no lanzamento do grupo de comunicación Sermos Galiza, do que son accionista canda outras 900 persoas (e entidades), que decidimos pasar a acción e deixar de laiarnos pola falla de medios de noso impulsando unha iniciativa de base popular. De setembro a decembro de 2012 asumín a coordenación de contidos do seu xornal dixital, dirixindo a cobertura informativa da campaña electoral dos comicios autonómicos do 21-O e desempeñando tamén como redactor. Desde decembro de 2012 colaboro co semanario impreso e máis o xornal dixital como redactor, elaborando informacións e entrevistas fundamentalmente para as seccións Traballo e Internacional. Tamén coordinei varios números do seu caderno de análise A Fondo. O 22 de xuño de 2013 a Xunta Xeral de Accionistas ratificou o meu nomeamento como Secretario do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A., cargo para o que resultei re-elixido o 20 de xuño de 2015.

Integro a equipa técnica que asume a redacción e edición, desde o seu primeiro número, do suplemento "Comprendermos, caderno de pensamento para o debate e a acción" que bimensalmente publica a Fundación Moncho Reboiras en parcería co semanario Sermos Galiza.

Columnas de opinión

Desde o ano 2003 colaboro con artigos e columnas de opinión en diversos medios de comunicación e publicacións periódicas, tanto de Galiza como do ámbito internacional.

Medios nos que son columnista ou colaborador na actualidade:

Outros medios nos que escribín:

(*) Medios actualmente pechados e/ou inactivos.

Blogues

Desde o 26 de febreiro de 2005 son autor de  Contradiscurso, blogue-palestra onde recollo os meus artigos de opinión e as miñas reflexións sobre temas de actualidade.

O 17 de xuño de 2010 lancei o blogue Desde o barrio, no que abordo cuestións relacionadas coa miña cidade (Vigo) desde a óptica dalguén que fai parte do movemento veciñal.

Fun un promotores da Rede de blogueiras/os en defensa do Galego BLOGUES POLA LINGUA, que naceu oficialmente o 14 de maio de 2008, e participei da Iniciativa Televisión, manipulación! xurdida o 22 de outubro de 2009, en reacción á manipulación informativa na CRTVG.

Outros blogues dos que fun autor:

Formo parte do blogue comunitario ELOS dende o inicio da súa andaina. Desde setembro a outubro de 2008 fun editor e redactor de contidos do blogue SocioPolítica.es 

 

>Publicacións

En tanto que parte integrante da equipa técnica da Fundación Moncho Reboiras, participei na elaboración da meirande parte das súas publicacións entre 2008 até a actualidade, salientando a miña achega ás seguintes obras:

  • "Memoria das xornadas internacionais de economía social (de traballo e consumo)", ano 2008 (equipa técnica)

  • "Estudo socioeconómico das bisbarras de Arzúa e Terra de Melide, e concellos de Curtis e Vilasantar", ano 2009 (equipa técnica e autoría da análise e do anexo estatístico)

  • "Manual de alfabetización informática. Introdución á ofimática", Col. Formación Sindical, ano 2009 (autoría)

  • "O contrato de traballo", Col. Formación Sindical, ano 2009 (co-autoría)

  • "Técnicas de negociación colectiva", Col. Formación Sindical, ano 2010 (co-autoría e revisión)

Ademais fixen parte das seguintes publicacións:

 

>Audiovisual

Tamén participei na realización de diversas creacións audiovisuais, todas elas producidas pola Fundación Moncho Reboiras:

  • "Experiencias de economía social no sector primario", documental, ano 2009 (entrevistas)

  • "1984, tres folgas xerais contra a reconversión", documental, ano 2009 (produción e entrevistas)

 

>Conferencias e palestras

A seguir recollo algúns dos actos públicos, conferencias e palestras nos que teño intervido:

2009

2010

  • O 21 de setembro presentei e moderei a primeira Palestra veciñal organizada pola FAVEC en Vigo, intitulada "Razóns e argumentos para a folga xeral", na que participaron os secretarios comarcais da CIG, CCOO e UXT.

  • O 25 de setembro, xunto a Xesús García (Secretario Local da CIG do Morrazo), palestrei a respecto dos efectos da crise na mocidade traballadora e da reforma laboral,  no marco das XXII Xornadas de Verán de Galiza Nova celebradas no Morrazo.

2011

  • O 7 de novembro, intervín xunto a Olaia Fernández Davila e Xabier Toba, no Encontro co Movemento Veciñal de Vigo organizado polo BNG co gallo das eleccións xerais dese ano.

2012

  • O 20 de marzo, palestrei como representante da CIG na Asemblea Aberta de Estudantes sobre a Folga Xeral organizada polos Comités na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

  • O 27 de marzo, participei como Vice Responsábel Comarcal de Galiza Nova da charla-coloquio "A reforma laboral e a folga xeral", cada Serafín Otero e Jaime Cabezas, organizada por GN na facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Vigo.

2013

  • O 18 de xaneiro intervín, en representación da CIG canda representantes de CCOO e UXT, na charla-coloquio "Incidencia das reformas laborais no emprego e nas pensións" organizada no Centro Social do Mar de Bueu por SOS Sanidade Pública de Bueu.

  • Do 14 ao 16 de marzo asistín como delegado internacional ao XVII Seminario Internacional "Os partidos e unha nova sociedade", organizado polo Partido do Traballo de México, celebrado en México DF. No evento presentei unha ponencia intitulada: "A soberanía como factor indispensábel para unha saída da crise favorábel ás clases populares. O caso de Galiza".

  • O 11 de abril intervín no acto de presentación do semanario Sermos Galiza en Celanova.

2014

2015

  • O 20 de maio intervín, como representante do BNG, na mesa redonda sobre o Tratado de Libre Comercio EUA-UE organizada pola Asociación Veciñal "Val do Fragoso" de Vigo.

 

>Fotografía

Desde moi novo teño interese pola fotografía. Empurrado polo Instagram, o 5 de abril de 2012 criei un fotoblogue, Anacos, no que publico algunhas das fotografías que fago.

 

>Redes sociais

Teño unha concepción instrumental das potencialidades do web 2.0. Acredito nas redes sociais como unha ferramenta adicional para a acción política, alén das súas funcionalidades como elemento de conexión social. Non son un ciberactivista, porén tamén fago activismo desde a Rede.

Podes atoparme nas seguintes redes sociais:

Últimos álbumes
Hemeroteca