18:46 h. viernes, 26 de abril de 2024

A derradeira lección de Allende

Xabier P. Igrexas  |  11 de septiembre de 2013 (18:30 h.)

Nun m1nuto

Há corenta anos frustrábase a vía chilena ao socialismo. Logo de que por vez primeira unha candidatura indisimuladamente socialista (non confundir co socialliberalismo vixente que se disfraza de socialdemocracia), chegaba ao poder pola vía electoral.  Hoxe cúmprense catro décadas do golpe fascista contra o goberno da unidade popular encabezado por Salvador Allende. O propio Allende na súa vibrante derradeira alocución ao pobo, desde un Palacio da Moeda que estaba a ser bombardeado por terra e aire, denunciaba con clareza os verdadeiros responsábeis do golpe: “o capital foráneo, o imperialismo, xunto á reacción”.  

O proceso social que conduciu á vitoria de Allende foi un exemplo luminoso do que aínda podemos e debemos aprender. Porén, dramaticamente o seu cruel derrocamento tamén nos deixou unha lección ben importante que tirar. O martirio indesexado de Allende, é testemuño diante da Historia de que non há democracia que valga, nin a burguesa, cando a clase dominante - o capital- ve ameazados os seus intereses como minoría explotadora. A súa resposta para garantir a pervivencia dos seus privilexios, asentados na xeralizada inxustiza social, sempre é a mesma: fascismo. Fascismo e guerra.

Os poderosos si teñen claro que a consigna é “ou eles ou nós”. Aprendamos pois.

Últimos álbumes
Hemeroteca