06:18 h. viernes, 26 de abril de 2024

Novos ricos na democracia burguesa

Xabier P. Igrexas  |  23 de agosto de 2013 (05:49 h.)
votos, papeletas, eleccións

Nun m1nuto

 

Aborrezo da soberbia inmensa dalgunha xente da Syriza española, e non en menor medida da súa franquía galega. Movidos polo vento a favor das sondaxes. Inflados polo nada casual alento dos media, exercen de novos ricos na democracia burguesa. Mesmo hai quen xa principiou a tirar liña para fabricar cobertura ideolóxica ás ilusións de ver a Cayo Lara como o Diego Valderas español, tecendo xa o traxe co que vestir de revolucionaria unha eventual alianza co PSOE.

Siglas que non há tanto tempo non superaban -en solitario- dúas ducias de votos de media en cada mesa electoral

Militantes ou simpatizantes que desde a máis marula prognose electoralista -inda por se verificar en resultados- non teñen reparos en descualificar, cando non directamente desprezar, outras posicións políticas sinxelamente pola súa delgadeza electoral. O respaldo electoral como indicador para determinar que posturas/propostas son correctas e cales non. E fano mesmo desde siglas que non há tanto tempo non superaban -en solitario- dúas ducias de votos de media en cada mesa electoral na miña cidade, ficando sempre por baixo do 4% a súa representatividade en toda Galiza. 

Porén, fico certo de que a súa soberbia é directamente proporcional á zafranada que levarán ao caer da crista da súa presunta onda electoral. Se cadra non polos números, mais, de vez, polo seu escaso alcance práctico.

 


Boletín electrónicoRecebe as actualizacións do blogue no teu correo-e:

 
Últimos álbumes
Hemeroteca