01:23 h. sábado, 04 de mayo de 2024

Que fale Fidel. 7 vídeos e 1 libro de conversas, no 87 aniversario do Comandante

Xabier P. Igrexas  |  13 de agosto de 2013 (17:28 h.)

"Fidel cumpre hoxe 87 anos. Mais os povos do mundo celebramos a pervivencia do seu legado, que toma forma dunha revolución vizosa nunha pequena illa á beira do Imperio."

 

Debuxo de FidelFidel Castro é Historia. Con maiúscula. Unha figura cuxa traxectoria no pasado xa deixou unha pegada imborrábel no devir da humanidade. Un nome chave para comprendermos o século XX. Historia tamén en presente, polo seu incombustíbel compromiso que hoxe foca no estudo da bioloxía, investigando en beneficio do povo. E Historia de futuro. Coa certeza de que serán moitas as xeracións que afortunadamente procurarán ollarse no espello do seu exemplo, na virtude da súa ética colosal, na fortaleza da razón revolucionaria

Fidel cumpre hoxe 87 anos. Mais os povos do mundo celebramos a pervivencia do seu legado, que toma forma dunha revolución vizosa nunha pequena illa á beira do Imperio. 

O ano pasado, nesta mesma data, partillaba convosco 3 documentais, 6 libros e máis de 400 artigos de (e/ou sobre) Fidel. Desta volta, engado a manífica serie de 7 entrevistas que lle realizou hai dez anos Ignacio Ramonet baixo o título "Eu, Fidel Castro". Un relato valioso en primeira persoa do que máis tarde Ramonet botaría man para escribir o libro "Cen horas con Fidel", e que podedes descargar (PDF) nesta ligazón ou en estoutra.

Non há mellor maneira de comprender a importancia da súa figura e pensamento, que escoitándoo. Que fale, pois, Fidel.

Serie "Eu, Fidel Castro"

Parte 1. As orixes da revolución.

Parte 2. Un mozo rebelde.

Parte 3. Asalto ao Moncada.

Parte 4. O Ché Guevara.

Parte 5. Mea culpa.

Parte 6. As conspiracións.

Parte 7. Un mundo novo.

 

Últimos álbumes
Hemeroteca